I CONCURSO IGNACIO DE LAS CUEVAS DE CREATIVIDADE ARTÍSTICA
“A relatividade do tempo”

No marco das celebracións do 150 aniversario do Grupo Cuevas nace este proxecto artístico orientado a darlle visibilidade ao talento relacionado coas artes plásticas en Galicia.

O obxectivo é implicar o mundo cultural e atopar os “Novos e Centenarios” do ámbito das artes. Con este concurso o Grupo Cuevas aposta pola innovación, o talento e a creatividade.

Premios

  • GRAN PREMIO IGNACIO DE LAS CUEVAS: 5.000€
  • Mención Especial Grupo Cuevas: 2.500€
  • Mención Especial Abanca Novos Talentos: 2.500€

TEMÁTICA E OBRAS

A temática das obras estará vinculada coa relatividade do tempo. Propoñémoslles aos artistas que decidan participar no certame, unha reflexión creativa sobre esta temática que será o fío condutor de todos os eventos que o Grupo Cuevas realice durante este ano do 150 aniversario.

O certame está aberto a todas as técnicas artísticas dentro do ámbito das obras gráficas.

PARTICIPANTES

Poderán participar as persoas físicas maiores de 18 anos de calquera nacionalidade e residentes en Galicia.

CALENDARIO

  • Do 1 de marzo ao 9 de maio: prazo de inscrición e presentación de obras en formato dixital*. Ampliamos o prazo para a recepción de candidaturas.
  • 15 de maio: preselección de finalistas. As obras preseleccionadas conformarán unha exposición itinerante que percorrerá as principais cidades galegas.
  • Do 15 ao 31 de maio: petición e envío dos orixinais en formato físico* das obras preseleccionadas.
  • Antes do 31 de xuño: ditame do xurado e comunicación aos gañadores.
  • Xuño: exposición en sala.
  • Novembro: Gala Final 150 Aniversario na que terá lugar a entrega de premios. A data e lugar do devandito evento comunicaráselles aos finalistas a través da páxina web do concurso e mediante invitación persoal.
  • Formato dixital: solicítase o título e imaxe da obra así como unha breve descrición do concepto e a técnica empregados. Ademais, e só para o organizador (non para o xurado), pediranse os datos persoais do concursante.
  • Formato físico: solicitarase o envío dos orixinais das obras preseleccionadas, cuxo tamaño máximo será de 150 cm en calquera dos seus lados.

Descarga as bases legais aquí 

ESTADO DO CONCURSO

10-17 Maio 2017: O xurado do Concurso Ignacio de las Cuevas de Creatividade Artística preseleccionou as obras finalistas do certame.

18 – 31/05/2017: Prazo para a entrega de obras físicas/orixinais preseleccionadas.

8 Xuño 2017: Comunicación aos gañadores do ditame do xurado.

19 Xuño a 3 de Xullo 2017: Exposición de obras gañadoras e finalistas no espazo La Molinera (Rúa do Abrevadeiro, 1. Ourense).