Retrato de los nietos del fundador de Grupo Cuevas en la calle Lepanto de Ourense

Ignacio de las Cuevas Moreno, neto do fundador, accedeu á presidencia da empresa en 1944 cun profundo afán de innovación e crecemento. El foi o artífice do novo proxecto empresarial, Cuevas e Cía, S.A., que se baseou na exportación internacional de produtos agrosilvestres frescos.

Castañas, noces, cereixas e amoras de Galicia constituíron o groso da exportación aos mercados latinoamericanos onde os galegos emigrados no continente, recibían non só os produtos da súa terra, senón os recordos e vivencias que experimentaban ao saborealos lonxe do seu fogar.