Sistema de gestión y optimizacion de gestión de clientes y pedidos del Grupo Cuevas

A expansión e crecemento continuo, tanto en volume como en liñas de negocio, non sería posible sen a aposta pola innovación tecnolóxica. Froito da colaboración entre Grupo Cuevas e a Universidade de Vigo é o desenvolvemento e implantación de sistemas de xestión innovadores.

En 2004, Microsoft sinalounos como referencia mundial de implantación do seu sistema de Planificación de Recursos Empresariais “MS Dynamics AX” para o sector de distribución alimentaria. Este sistema permitiu a xestión integral de todos os aspectos do negocio: produción, loxística, control de stock, xestión de envíos e departamento financeiro. Ademais no ano 2005 fomos a 6ª empresa europea en dotar á súa Plataforma Loxística dun sistema de xestión por voz.