Bodegon Marron Glacé Grupo Cuevas 1977

Fomos a primeira empresa española en comercializar masivamente o Marron Glacé, ata entón só apreciado en Francia e Italia. Un produto cento por cento natural, procedente da área máis oriental da provincia de Ourense, e que se converteu nun dos símbolos da compañía no transcurso dos anos.

A nosa rede comercial alcanza os cinco continentes, conta cun posicionamento privilexiado nas mellores cadeas de distribución do mundo, pero tamén nos establecementos máis exclusivos. Entre os seus principais mercados de exportación destacan: México, Brasil, Venezuela, Arxentina, Uruguai, República Dominicana, Estados Unidos, Australia, Xapón, Filipinas, Exipto, Arabia Saudita, Qatar, Siria, Kuwait, Israel, Sudáfrica, Portugal, Andorra, Reino Unido, Italia, Francia, Austria, Romanía, entre outros.