Pulpo a la gallega

Cunha traxectoria tan marcada pola distribución de alimentos frescos, decidimos colaborar co Departamento de Bioloxía funcional e Ciencias da Saúde, da Universidade de Vigo, para crear a web Dieta Atlantica Galega. Un proxecto pioneiro que reivindica a importancia dos hábitos de vida saudables para a nosa saúde, a variedade de produtos de tempada e a riqueza dos pratos que constitúen a dieta atlántica de Galicia.

Trátase da primeira páxina interactiva que permite coñecer ao momento o valor nutricional de máis de 300 pratos típicos da nosa comunidade, crear menús equilibrados, activar un semáforo dietético ou facer a lista da compra, entre outras actividades.