TEMÁTICA E OBRAS
A temática das obras estará vinculada coa relatividade do tempo. Propoñémoslles aos artistas que decidan participar no certame, unha reflexión creativa sobre esta temática que será o fío condutor de todos os eventos que o Grupo Cuevas realice durante este ano do 150 aniversario.
O certame está aberto a todas as técnicas artísticas dentro do ámbito das obras gráficas.
PARTICIPANTES
Poderán participar as persoas físicas maiores de 18 anos de calquera nacionalidade e residentes en Galicia.
CALENDARIO
- Do 1 de marzo ao 9 de maio: prazo de inscrición e presentación de obras en formato dixital*. Ampliamos o prazo para a recepción de candidaturas.
- 15 de maio: preselección de finalistas. As obras preseleccionadas conformarán unha exposición itinerante que percorrerá as principais cidades galegas.
- Do 15 ao 31 de maio: petición e envío dos orixinais en formato físico* das obras preseleccionadas.
- Antes do 31 de xuño: ditame do xurado e comunicación aos gañadores.
- Xuño: exposición en sala.
- Novembro: Gala Final 150 Aniversario na que terá lugar a entrega de premios. A data e lugar do devandito evento comunicaráselles aos finalistas a través da páxina web do concurso e mediante invitación persoal.
- Formato dixital: solicítase o título e imaxe da obra así como unha breve descrición do concepto e a técnica empregados. Ademais, e só para o organizador (non para o xurado), pediranse os datos persoais do concursante.
- Formato físico: solicitarase o envío dos orixinais das obras preseleccionadas, cuxo tamaño máximo será de 150 cm en calquera dos seus lados.
Descarga as bases legais aquí
ESTADO DO CONCURSO
10-17 Maio 2017: O xurado do Concurso Ignacio de las Cuevas de Creatividade Artística preseleccionou as obras finalistas do certame.
18 – 31/05/2017: Prazo para a entrega de obras físicas/orixinais preseleccionadas.
8 Xuño 2017: Comunicación aos gañadores do ditame do xurado.
19 Xuño a 3 de Xullo 2017: Exposición de obras gañadoras e finalistas no espazo La Molinera (Rúa do Abrevadeiro, 1. Ourense).