Frunatur plataforma de frío

Frunatur inaugura unha nova plataforma de tecnoloxía avanzada de frío que cuadriplica a súa capacidade de produción. A planta ten 1.400 metros cadrados e dispón de catro cámaras de almacenamento con temperaturas e humidades individualizadas.

Frunatur é unha das poucas empresas do sector dotada de plataforma de frío completa, con maquinaria de primeiro nivel para envasar, pesar e clasificar froitas e hortalizas, multiplicando o número de referencias que se poden procesar.