Retrato de Jose de las Cuevas Vazquez y factura de 1913

José Lorenzo de las Cuevas Vázquez herdou o negocio familiar tras o falecemento do seu pai Francisco de las Cuevas. Naquel momento, o ultramarinos xa se convertera nun próspero almacén de alimentación.

José Lorenzo de las Cuevas non só dedicou a súa vida á empresa, senón que foi unha persoa de notable influencia na sociedade ourensá, chegando a ser concelleiro e presidente da Cámara de Comercio entre 1921 e 1927. Baixo a súa presidencia constituíuse a Unión Cidadá de Ourense, un grupo de profesionais e comerciantes que decidiu traballar da man en favor da prosperidade da economía local e provincial.